Noviembre 4th, 2008 por admin · Sen comentarios
Unha aposta pola mobilidade sostible: Comparte o teu coche ou a túa praza de aparcamento
O Concello da Coruña pon en marcha dous novos servizos web, DesprazaDOS e AparcaDOS, para fomentar o uso compartido do vehículo privado.
O proxecto DesprazaDOS desenvólvsese dentro do servizo COMPARTIR COCHE, que funciona en máis de 76 concellos do Estado. Trátase dunha web coa que se facilita o encontro de persoas interesadas en compartir o seu vehículo privado para realizar desprazamentos de todo tipo, promovendo así un uso máis racional do transporte privado.Os obxectivos fundamentais deste proxecto son:
- Facilitarlles aos cidadáns e ás cidadás da Coruña outra alternativa nos seus desprazamentos, tendo en conta medidas de sostenibilidade na mobilidade.
- Diminución da contaminación e o consumo enerxético producido polos vehículos privados.
- Mellorar a utilización do espazo público.
Como complemento tamén se pon en marcha o servizo AparcaDOS co que se crea unha bolsa de persoas para compartir aparcamento. O devandito proxecto nace dentro do servizo COMPARTE APARCAMENTO tamén en marcha en diversas cidades de España.Por medio deste servizo preténdese facer posible que as persoas que dispoñen dunha praza de aparcamento e que durante o día (a noite, ou parte do día ou da noite) a deixan libre para ir traballar ou estudar fóra da cidade, a poidan intercambiar con alguén que veña a traballar ou a estudar á cidade.
Os dous servizos serán accesibles a través dos seguintes enlaces:
DesprazaDOS: Comparte o teu coche
AparcaDOS: Comparte a túa praza de aparcamento
Tags: Iniciativas en Galicia
Noviembre 3rd, 2008 por Pérez Gulín · Sen comentarios

Flickr photo by katieandmichael
Article originally published on HowYouCanSavetheWorld.com
Much has been made of rising aspirations of the middle class in developing countries, with the implication that this must mean literally hundreds of millions of cars — and hundreds of millions of tonnes of oil use and a resulting CO₂ emissions increase. Last month the Asian Development Bank held its first “Transport Week,” hosting key stakeholders from most Asian nations from Turkey eastward, including several pacific island states. Not surprisingly sessions on CO₂ attracted a large audience on the first day. At the next big confab, “Better Air Quality ‘08” in Bangkok, in November about 1,000 Asian experts and decision makers are expected to develop policies and techniques to transform the discussion into real policies to change how Asia develops.
Getting real stakeholders to the table is the only way to clear the air and reduce CO₂ emissions from transport. With the lack of any real initiative matching the national level programs in the US, engaging the leaders of nations representing close to three billion people in Asia may be a more viable strategy since, with few exceptions, Asia has only started to bury itself in CO₂-intensive development — yet. But time is short. The exceptions — the hopelessly snarled mega-cities of the continent — are attracting more and more people to perennial gridlock. Since so few people in Asia own cars, it may not be too late to change course.
I was asked to prepare much of the background material on such a strategy, based on my 20 years working in India, China and Viet Nam, as well as Mexico and other developing countries. Common wisdom is that unless Indians, Chinese, and everyone else get cars they won’t have the same opportunities of mobility we had as we developed.
Read More >>
en The City Fix
Tags: O concepto
Octubre 30th, 2008 por admin · Sen comentarios
“Obras, obras e máis obras”, laiábase esta semana no Congreso o deputado de ICV Joan Herrera, recordando que por riba o actual goberno español reduce os requirimentos estabelecidos para as declaracións de impacto ambiental. Herrera manifestaba así a súa decepción polo rexeitamento das formacións parlamentarias en Madrid a debater a proposición de lei achegada polo seu partido.
Tratábase dunha iniciativa destinada ao impulso do transporte colectivo onde se propoñía definir con claridade directrices de mobilidade sustentábel e fomentar sistemas de transporte máis ecolóxicos. De xeito concreto pedíase por exemplo que os orzamentos de Fomento fixasen unha porcentaxe a oito anos que repartise de xeito equitativo o investimento en infraestruturas e en xestión da mobilidade. “Isto implica o divorcio do ecoloxismo político co ecoloxismo real”, afirmou Joan Herrera, criticando que nesta lexislatura ás poucas iniciativas con ingrediente ambiental que chegan á Cámara “estanlle dando coa porta no nariz”.
Os grupos maioritarios no Congreso, PSOE e PP rexeitaron o debate. No caso dos socialistas, o argumento foi o posíbel conflito de competencias con gobernos autonómicos. O PP sinalou como “contraproducente” a proposta de desviar orzamentos de infraestruturas na conxuntura económica actual. Mentres, os representantes de PNV e CiU argumentaron que Euskadi e Cataluña xa contan con normativas e iniciativas similares promovidas hai tempo polos seus respectivos gobernos. Finalmente, a proposta de ICV só atopou a receptividade do BNG, única formación que defendeu a toma en consideración da proposición de lei. Olalla Fernández Davila, asegurou que se trata dunha proposta “complexa” pola necesidade de que actúen as distintas administracións pero defendeu que a iniciativa se entende como “unha lei básica do Estado para despois orientala ás distintas administracións públicas”.
en Vieiros
Tags: Iniciativas
Octubre 27th, 2008 por ddgrandio · Sen comentarios

Terceira edición da Carreira de Medios organizada polos membros da Masa Crítica da Coruña. Este evento anual consiste en transladarse entre tres puntos da cidade nos medios de transporte dispoñibles , como son neste caso o automobil, o autobús, o taxi, a bicicleta (rápida e lenta) e a pé. O estudo levouse a cabo un dia de semana entre as 11.00 e as 13.00 horas. Os tres puntos escollidos (María Pita - Mercado dás Conchiñas - Centro de Saúde Federico Tapia - María Pita), distan entre si entre 2 e 3 quilómetros e percorren diferentes perfís (costa, chairo e baixada).

Sen pretenderen ser concluintes, estes datos deberían servir como reflexión sobre o uso e as consecuencias que unha sinxela elección ten sobre os espazos públicos e a calidade de vida das nosas cidades. Tamén alentamos dende mobilidadesustentable a que este tipo de iniciativas se reproduzan no resto de cidades e vilas de Galicia con fin de amosar a realidade diaria á clase política.
Tags: Actualidade · Iniciativas · Iniciativas en Galicia · O concepto
Octubre 20th, 2008 por ddgrandio · Sen comentarios

Hai pouco máis de dous meses, vense de inaugurar o primeiro tramo dun carril especial para transporte público na cidade da Coruña. Este carril, polo que poden circular tanto autobuses urbáns, taxis, motocicletas e bicicletas, percorre algunhas das rúas máis conxestionadas do casco urbán como son Federico Tapia, Praza de Vigo, Praza de Galicia, Francisco Mariño, San Andrés e San Xoán. Este carril fica separado físicamente do resto por medio de barreiras plásticas, o que deixou a estas rúas cun único carril de circulación para vehículos privados. En contra do que poda parecer nun principio, o tránsito por estas rúas mellorou tanto por eliminar a doble fila, como por separar o transporte público do privado.
A posta en marcha desta iniciativa municipal, provocou unha primeira reacción adversa tanto nos comerciantes como nos veciños destas céntricas rúas, xa que supuxo a supresión de prazas de aparcamento en liña nun tramo de 800m dos 1800m de lonxitude total do carril especia.
Pero as cifras non deixan lugar a dúbidas sobre o beneficio que provocou este carril na mobilidade na cidade, xa que é utilizado por entre 40,000 e 45,000 viaxeiros nun dia laboral normal, o que supón máis de 12,000,000 de viaxeiros ó ano, é dicir, o 54% dos usuarios do autobús urbán. No primeiro mes de funcionamento provocou unha subida no uso deste medio de transporte dun 4%.
O éxito logrado fai traballar xa en buscar novas zonas de implantación, sonando as rúas Juan Flórez ou a Ronda de Outeiro como posibles emplazamentos.
Tags: Estratexias · Estratexias en Galicia · Formación · Infraestruturas